Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (805/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número de 1 reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 805/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pérez González contra Ferr y Fer Instalaciones y Telecomunicaciones, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 36/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 805/2014.

Demandante: José Pérez González.

Letrada: Sra. Noya Rey.

Demandado: Ferr y Fer Instalaciones y Telecomunicaciones, S.L.

Fogasa.

Sentenza 36/2015.

A Coruña, 2 de febreiro de 2015.

Decisión:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Pérez González fronte á empresa Ferr y Fer Instalaciones y Telecomunicaciones, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisió. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no punto anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 2.797,52 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 59,84 €/día.

3º. Condeno a empresa a aboarlle ao traballador a suma de 897,60 euros en concepto de prazo de aviso previo ao despedimento obxectivo non concedido.

4º. O Fogasa deberá pasar polo resolto no presente procedemento.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012,
do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación a Ferr y Fer Instalaciones y Telecomunicaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 2 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial