Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8087

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (576/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 576/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Ricoy Ferreiro contra Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«Que, estimando a demanda interposta por instancia de Jesús Ricoy Ferreiro, contra a entidade Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa:

– Debo declarar e declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a demandada.

– Debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos do 1 de setembro de 2014, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo devandito despedimento por non ser realizable a readmisión.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 4.152,12 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 24.449,80 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial