Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (440/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 440/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Vázquez Penas contra Transportes Javier García Santos, S.L., Mutual Midat Cyclops Mutua de Accidentes de Trabajo, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución: (sentenza).

«Que, desestimando integramente a demanda interposta por Juan Carlos Vázquez Penas, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a Tesouraría Nacional da Seguridade Social, contra Mutua Midat Cyclops Mutua de Accidentes de Trabajo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social nº 1 e contra Transportes Javier García Santos, S.L., debo absolver e absolvo as demandadas das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación (artigo 191.3.c) da LRXS).

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Javier García Santos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial