Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7223

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1160/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1160/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Moreno Caballero contra a empresa Llanera Logística, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Decreto: 44/2015.

Procedemento ordinario 1160/2012 F.

Sobre: ordinario.

Demandante: Raúl Moreno Caballero.

Avogado: Felipe Carlos Martínez Ramonde.

Demandados: Llanera Logística, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Decreto.

Secretaria xudicial: María Adelaida Egurbide Margañón.

Na Coruña o 2 de febreiro de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 30 de outubro de 2012 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda de reclamación de cantidade presentada por Raúl Moreno Caballero fronte a Llanera Logística, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 3 de xuño de 2015 ás 9.55 horas.

Terceiro. A parte demandante presentou escrito manifestando que desiste da acción establecida.

Fundamentos de dereito.

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o proceso e ao non solicitar o demandado a continuación do procedemento, procede ter ao demandante por desistido da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por desistido a Raúl Moreno Caballero da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Llanera Logística, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación del no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LJS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na mesma a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros no Santander, debendo indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a secretario/a xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Llanera Logística, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial