Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7221

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (432/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 432/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Seoane Rivas contra Limperhostel, S.L. e Yare 2010, S.L. sobre despedimento, se ditou a decisión na seguinte resolución:

«Decido:

Que, estimando a demanda interposta por Mónica Seoane Rivas contra as empresas Yare 2010, S.L. e Limperhostel, S.L. debo declarar e declaro a nulidade do cesamento producido pola entidade Limperhostel, S.L., e condeno esta entidade á readmisión inmediata da demandante nas mesmas condicións existentes con anterioridade, con aboamento dos salarios deixados de percibir, máis o aboamento de 600 € en concepto de indemnización. Absólvese a Yare 2010, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberán anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta, nº 1532 0000 60 0432 14.

Igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limperhostel, S.L. e Yare 2010, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial