Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7219

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (865/2011).

Divorcio contencioso 865/2011

Sobre outras materias

Demandante: Cristina Inés Heras

Procurador: Manuel Ricardo Nistal Riádigos

Avogado: Francisco José Lago Calvo

Demandado: Ricardo Alberto Osorio

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«En Lalín o vinte e nove de xaneiro de dous mil quince.

Vistos por min, María Carmen Bóveda Soto, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, os presentes autos de divorcio contencioso 865/2011 no que interveñen Cristina Inés Heras, representada polo Sr. Nistal Riádigos baixo a asistencia letrada do Sr. Lago Calvo, e como parte demandada Ricardo Alberto Osorio, en situación procesual de rebeldía; en virtude das facultades que me foron conferidas pola Constitución e a lei, e en nome da súa maxestade o rei, procede ditar a seguinte:

Sentenza.

Obxecto do xuízo: a declaración de divorcio do matrimonio formado por Cristina Inés Heras e Ricardo Alberto Osorio, o día 20 de novembro de 1975 en Arxentina, inscrito na oficina do Rexistro Civil denominada Ribadavia, na provincia de Mendoza, no libro 5062, acta 213.

Resolución declaro a disolución por divorcio do vínculo matrimonial contraído por Cristina Inés Heras e Ricardo Alberto Osorio en virtude do matrimonio celebrado o día 20.11.1975 en Arxentina, inscrito na oficina do Rexistro Civil denominada Ribadavia, na provincia de Mendoza, no libro 5062, acta 213, con todos os efectos legais pertinentes, cesando tanto as obrigas persoais derivadas do vínculo matrimonial e reguladas nos artigos 66 a 68 do CC como a presunción de convivencia conxugal e suspensión da vida en común
(artigos 69 e 83 do CC), como as patrimoniais, cesando a posibilidade de vincular bens do outro cónxuxe en exercicio da potestade doméstica contida no artigo 1319 do CC.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.

Firme a presente resolución, fáganse as anotacións que procedan.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar constituír, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente sinalando, no campo “concepto”, a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución recorrida co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada xuíza».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Ricardo Alberto Osorio, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Lalín, 30 de xaneiro de 2015

O/a secretario/a xudicial