Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7226

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1114/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1114/2014, por instancia de Senera Angela Caserini Caserini, contra a empresa Albealia Restauración Coruña 2, S.L. sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 20.1.2015 que copiada nos particulares
necesarios di así:

Decido estímase a demanda formulada por Senera Angela Caserini Caserini fronte a Albealia Restauración Coruña 2, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Albealia Restauración Coruña 2, S.L. á demandante, Senera Angela Caserini Caserini.

– Condénase a Albealia Restauración Coruña 2, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.782,83 euros, determinando o aboamento da dita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 4.883,86 euros, aos cales se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 43,22 euros diarios.

– Condénase a empresa Albealia Restauración Coruña 2, S.L. a aboarlle á demandante en concepto de débeda salarial a cantidade de dous mil cincocentos noventa e tres euros con oito céntimos de euros (2.593,08 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Albealia Restauración Coruña 2, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial