Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7228

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (31/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 31/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Hamer Pavon contra Tekplus Aeroespace, S.L., sobre ordinario, ditáronse resolucións cuxa parte dispositiva dispón:

Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza nº 215/14 ditada en data do 18.6.2014 nos autos procedemento ordinario seguidos ante este xulgado co nº 877/13 a favor da parte executante, Alberto Hamer Pavon, fronte a Tekplus Aeroespace, S.L., parte executada, por importe de 12.882,81 euros de principal (correspondendo 11.711,65 euros ao principal obxecto de condena e 7.171,16 euros ao xuro de demora procesual do 10 %) máis outros 1.288,28 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Tekplus Aeroespace, S.L. co fin de que no prazo de 10 días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a investigación de bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Tekplus Aerospace, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial