Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7022

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 676/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 676/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Ioan Lucian Streza contra DYR Yiranny Instalación y Decoración en Placas de Yeso, S.L., Constructora San José, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Somague Engenharia, S.A. sucursal en España Sacyr, S.A. UTE As Cancelas Santiago Lei 18/1982, sobre ordinario, se ditou Sentenza número 15, cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos 676/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Ioan Lucian Streza, asistido pola graduada social Matilde Mallo contra Dyr Yiranny Instalación y Decoración en Placas de Yeso, S.L., que non comparece, Somague Engenharia, S.A. sucursal en España Sacyr UTE As Cancelas Santiago Lei 18/1982, que non comparece e Constructora San José, S.A., que comparece asistida e representada polo letrado Miguel Vizcaíno Fernández Casadevante, Fogasa, que comparece asistido polo letrado habilitado da avogacía do Estado Alejandro Crespi Rodríguez, pronunciou a seguinte sentenza.

(…)

Decisión:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Ioan Lucian Streza e, en consecuencia, condeno a Dyr Yiranny Instalación y Decoración en Placas de Yeso, S.L. a pagarlle ao demandante 9.036,28 euros en concepto de principal e 1.775,07 euros en concepto de xuros. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso segundo LRXS.

Que debo absolver e absolvo a Somague Engenharia, S.A. Sucursal en España Sacyr, S.A. UTE As Cancelas Santiago Lei 18/1982 e a empresa Constructora San José, S.A.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a DYR Yiranny Instalación y Decoración en Placas de Yeso, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial