Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7024

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (9/2015).

Execución de títulos xudiciais 9/2015

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 493/2014

Sobre: despedimento

Demandante: Philipp Lukas Frommenwiler

Avogado: José Ignacio Lorenzo Rubin

Demandado: Activ Solar Energietecnik GMBH

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 9/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Philipp Lukas Frommenwiler contra a empresa Activ Solar Energietecnik GMBH, sobre reclamación de cantidade, ditouse auto en data 29 de xaneiro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Philipp Lukas Frommenwiler fronte a Activ Solar Energietecnik GMBH, parte executada.

En canto á proba proposta de interrogatorio do representante legal de Activ Solar Energietcnik GMBH cítese, sen prexuízo da súa admisión no momento procesual oportuno.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíza O/a secretario/a xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Activ Solar Energietecnik GMBH, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial