Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se lle notifica a resolución ditada na solicitude de compatibilidade formulada por Roberto Val López.

Con data do 23 de decembro de 2014 o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada pola conselleira de Facenda en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG nº 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e) ditou resolución pola que se acepta a desistencia da solicitude de compatibilidade presentada por Roberto Val López.

Logo de tentar dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no enderezo indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo, por «non retirado», tras os dous intentos en que consta «ausente de repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalle a Roberto Val López a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente, recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados, en ambos os casos, a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública