Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7020

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 9/2015).

Execución de títulos xudiciais 9/2015

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 493/2014

Sobre: despedimento

Demandante: Philipp Lukas Frommenwiler. Avogado: José Ignacio Lorenzo Rubin

Demandado: Activ Solar Energietecnik GMBH

Cédula de citación:

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda: execución de títulos xudiciais 9/2015.

Persoa a quen se cita: Activ Solar Energietechik GMBH, como parte executada.

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición ao/aos actos/s de executada, facéndolle saber que deberá acudir para tales actos coas probas de que intente valerse e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar ao interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio e xustificar debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

A non comparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a realización da comparecencia.

Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión da comparecencia.

Lugar, día e hora en que debe comparecer:

Sinálase o día 25 de febreiro de 2015 ás 8.50 horas para a realización da comparecencia na planta baixa, sala 3, Edificio rúa Berlín, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2015

O/a secretario/a xudicial