Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7019

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1081/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 1081/2013 por instancia de Cristina Otero Martínez contra Symax Soluciones Tecnológicas, S.L. e Fogasa, sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Decisión:

Que, estimando a demanda interposta por Cristina Otero Martínez contra a empresa Symax Soluciones Tecnológicas, S.L., debo condenar e condeno a empresa a que lle aboe ao traballador a cantidade de 1.980,21 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % en concepto de xuro por mora.

Así mesmo, debo absolver e absolvo a Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o pronuncio, mando e asino.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Symax Soluciones Tecnológicas, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, e expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de febreiro de 2015

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial