Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6469

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (134/2014).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no presente procedemento ordinario 134/2014, seguido por instancia de Musaat, Mutua de Seguros a Prima Fija, S.A., fronte a Promociones Avieira, S.L. e Mavieira, S.L., se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2014.

Demandante: Musaat, Mutua de Seguros a Prima Fija, S.A.

Procurador: Xosé Martínez Lage

Letrado: J. Estarque Moreno

Demandadas: Promociones Avieira, S.L. (en rebeldía), Mavieira, S.L. (en rebeldía)

Resolución:

Que debo estimar e estimo a acción exercida por Musaat, Mutua de Seguros a Prima Fija, S.A. fronte a Mavieira, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 64.302,94 euros, máis o xuro legal desde o 14 de marzo de 2014 ata a data da presente resolución, en que comezarán a devindicarse os xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil, con imposición de custas á parte demandada.

E que debo desestimar e desestimo a acción exercida por Musaat, Mutua de Seguros a Prima Fija, S.A. fronte a Promociones Avieira, S.L., sen imposición de custas.

Notifíquese ás partes.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Para a interposición do dito recurso, deberase acreditar a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo, mando e asino, Raquel Fernández Rey, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Promociones Avieira, S.L. e Mavieira, S.L., expídese esta cédula para que sirva de notificación.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2015

O secretario xudicial