Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6471

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (676/2013).

Xuízo verbal 676/2013

Procedemento orixe: sobre reclamación de cantidade

Demandante: Caja España de Inversiones, Salamanca y Soria, S.A. (agora banco CEISS)

Demandado: Benigno Cepeda Vidal

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse sentenza con data do 19.9.2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Resolución.

Estimando a demanda interposta pola entidade Banco de Caja España de Inversiones, Salamanca y Soria, S.A., actuando no seu nome e representación a procuradora Dolores Abella Otero, contra Benigno Cepeda Vidal, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de tres mil douscentos trinta e sete euros con trinta e un céntimos de euro (3.237,31 €), máis os xuros correspondentes. Todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

E como consecuencia do ignorado paradoiro expídese esta cédula para que lle sirva de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 31 de outubro de 2014

O/a secretario/a xudicial