Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6472

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (20/2014).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 122/2014

En Vilagarcía de Arousa, 5 de novembro de 2014.

Vistos por min, Sandra Iglesias Martínez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo de divorcio contencioso nº 20/2014, promovidos por instancia de Guadalupe Irago Carro, representada pola procuradora Sra. Ferradáns Padín e asistida polo letrado Sr. Piñeiro Pérez, contra José Benito Santiago Portas, en rebeldía procesual, dos cales resultan os seguintes,

[…]

Resolución:

Que estimando a demanda de divorcio interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Ferradáns Padín, en nome e representación de Guadalupe Irago Carro contra José Benito Santiago Portas, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio formado por ambas as partes, con todos os efectos legais derivados de tal declaración, sen facer especial condena en custas a ningunha das partes.

Unha vez firme, remítase testemuño ao Rexistro Civil correspondente para que se faga a oportuna anotación marxinal no asento correspondente ao matrimonio dos cónxuxes afectados.

Notifíquese ás partes a presente resolución e advírtase que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, do que coñecerá a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentenza, da que se deducirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, José Benito Santiago Portas, expídese esta cédula para que lle sirva de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 21 de xaneiro de 2015

O/A secretario/a xudicial