Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6474

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (727/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 727/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Martínez Alvariño contra Edrogal, S.L. e o Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 19/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 727/2014

Demandante: José Martínez Alvariño

Letrado: Sr. Nogueira Esmorís

Demandado: Edrogal, S.L. e o Fogasa

A Coruña, 22 de xaneiro de 2015

Decisión:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Martínez Alvariño fronte á empresa Edrogal, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e acordo a extinción da relación laboral en data desta sentenza e condeno a demandada a que lle aboe ao demandante a suma indemnizatoria de 10.552,38 euros.

2. O Fogasa deberá de pasar polo decidido na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Edrogal, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial