Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6476

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (735/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 735/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar González Carnero contra a empresa Edrogal, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literial seguinte:

«Sentenza 20/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 735/2014

Demandante: Óscar González Carnero

Letrado: Sr. Prego Candal

Demandado: Edrogal, S.L.

Letrado:

Fogasa

Letrada:

Sentenza 20/2015.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2015.

Resolución.

Primeiro. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Óscar González Carnero contra a empresa Edrogal, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo, sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 23.490 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 44,03 euros/día.

Terceiro. O Fogasa deberase ater ao establecido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Edrogal, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial