Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6468

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (325/2014).

Manuel Rubido de la Torre, secretario xudicial da sección terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, polo presente fago constar:

Que neste órgano xudicial se tramita recurso de apelación (LACN) 325/2014 (dimanante do procedemento ordinario 222/2009 do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra) seguido por instancia de Montajes Carpintería Monpaz, S.L. contra Folgar Restauraciones Navales e Industriales, S.L., sobre reclamación de cantidade, nos que con data 19 de novembro de 2014 se ditou sentenza estimando en parte a apelación deducida, cuxo texto íntegro se encontra na oficina xudicial desta sección terceira sita en Pontevedra, rúa Rosalía de Castro, nº 5-2º, á disposición das partes.

Contra a devandita sentenza poderá interpoñerse recurso extraordinario por infracción procesual ou o recurso de casación ante a sala primeira do tribunal supremo, dentro dos vinte días seguintes á súa notificación.

Para que conste e sirva de notificación a Folgar Restauraciones Navales e Industriales, S.L. en ignorado paradoiro, expido o presente edicto.

Pontevedra, 19 de decembro de 2014

O secretario xudicial