Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6466

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2015 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes, pola quenda de acceso libre, para a realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de especialista de oficios, calefactor, grupo IV.1, desta universidade.

Mediante a Resolución reitoral do 25 de agosto de 2014 (DOG do 8 de setembro e BOE do 29 de setembro de 2014) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de especialista de oficios, calefactor, grupo IV.1, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 18 de novembro de 2014 (DOG do 3 de decembro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm.

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega) o día 18 de marzo de 2015, ás 10.00 horas, no Servizo de Normalización Lingüística (Vivendas dos Catedráticos, 1º andar, avenida das Ciencias, Campus Vida, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realice o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2015

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela