Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5914

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1235/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1235/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nieves Otero Barreiro contra a empresa Roelbarin, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza: 521/2014.

Número de autos: 1235/2013.

Na cidade da Coruña, sete de novembro de dous mil catorce.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do Xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Nieves Otero Barreiro, que comparece asistida do letrado Sr. Francisco Javier Antas Pérez, e doutra como demandado Roelbarin, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que malia estaren citadas en legal forma non compareceron.

Decisión que estimando a demanda interposta por Nieves Otero Berreiro contra a empresa Roelbarin, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante, declaro improcedente o cesamento efectuado e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante 1.479,33 € en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no seu número de conta.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 € en concepto de depósito especial para recorrer na conta.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Roelbarin, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2015

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial