Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5912

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (2292/2013 BC).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2292/2013 BC

Xulgado de orixe/autos: p. oficio autoridade laboral 697/2012 Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrente: Complejo Condado, S.L.

Avogado: Francisco-Javier Iglesias Calvo

Recorridos: Subdelegación do Goberno de Ourense, Cristina Birloaga, Adamache Cerasela Vasilica Vasile, Walberys Araisis Vargas Pérez

Avogado: avogado do Estado

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2292/2013 desta sección, seguido por instancia de Complejo Condado, S.L. contra a Subdelegación do Goberno de Ourense, Cristina Birloaga, Adamache Cerasela Vasilica Vasile, Walberys Araisis Vargas Pérez, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Complejo Condado, S.L. contra a Sentenza do 11 de xaneiro de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense en proceso seguido por demanda de oficio por instancia da Subdelegación do Goberno en Ourense, representada polo Avogado do Estado, debemos confirmar e confirmamos a sentenza obxecto de recurso. Procede impor as custas do recurso á empresa vencida, que comprenderán os honorarios do letrado impugnante deste por importe de 200 euros.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cristina Birloaga, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial