Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5916

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (155/2013).

Procedemento ordinario 155/2013 F

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 155/2013

Sobre: ordinario

Demandante:Carmen Liesolotte Artero Huther

Avogada: Sandra Garrido Fernández

Demandada: empresa María Míguez Losada

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 155/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Liesolotte Artero Huther contra a empresa María Míguez Losada, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decreto: 808/2014.

Secretaria xudicial: María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, 18 de decembro de 2014.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 8 de febreiro de 2013 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda de reclamación de cantidade presentada por Carmen Liesolotte Artero Huther fronte á empresa María Míguez Losada.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 17 de decembro de 2014 ás 10.15 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación/xuízo non compareceu o demandante que estaba debidamente citado.

Fundamentos de dereito.

Único. Se o demandante, citado en legal forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, terase por desistido da súa demanda (artigo 83.2 LXS).

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por desistida a Carmen Liesolotte Artero Huther da súa demanda de reclamación de cantidade fronte á empresa María Míguez Losada.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de cinco días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta do Santander, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguida do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa María Míguez Losada, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2015

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial