Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (537/2013).

Seguridade Social 537/2013 C

Sobre: Seguridade Social

Demandante: Xunta de Galicia

Avogado: letrado Comunidade (Servizo Provincial)

Demandado: Antonio Maceira Mirón

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

«Sentenza.

A Coruña, 4 de decembro de 2014.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 537/2013, seguidos por instancia da Xunta de Galicia, representada polo letrado Miguel Pérez Maiz, contra Antonio Maceira Mirón, que non comparece, sobre prestación de xubilación non contributiva.

Decisión.

Que debo admitir e admito a demanda formulada pola Xunta de Galicia contra Antonio Maceira Mirón, e condeno o demandado ao reintegro da cantidade de 5.245,75 euros correspondentes ao período 1 xaneiro de 2008 ao 31 de maio de 2011, máis xuros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da LPL, pasados os cales a sentenza quedará firme en dereito e se procederá ao seu arquivamento.

Así, por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación a Antonio Maceira Mirón, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que sexan de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial