Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5921

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (566/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 566/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfredo Facal Domínguez contra Albealia Restauración Coruña 1, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 565/2014

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 566/2014

Demandante: Alfredo Facal Domínguez

Letrada: Sra. Rodríguez Veira

Demandado: Albealia Restauración Coruña 1, S.L.

Fogasa:

Letrado: Sr. Crespi Rodríguez

Sentenza 565/2014.

A Coruña, 6 de novembro de 2014.

Decisión:

A) Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Alfredo Facal Domínguez fronte á empresa Albealia Restauración Coruña 1, S.L. e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral en data desta sentenza.

2. Condeno a demandada a que pague, en concepto de indemnización, a cantidade de 1.237,50 euros.

B) Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Alfredo Facal Domínguez fronte á empresa Albealia Restauración Coruña 1, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle ao primeiro a suma de 1.849,83 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos.

C) O Fogasa deberá pasar polo decidido na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Albealia Restauración Coruña 1, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 6 de novembro de 2014

A secretaria xudicial