Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5923

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (550/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 550/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Lavandeira Gómez contra a empresa Amor y Vázquez, S.L.U. sobre despedimento, se ditou sentenza o día 16 de decembro de 2014, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Sentenza 653/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 550/2014.

Demandante: José Manuel Lavandeira Gómez.

Letrado: Sra. Bello Hidalgo.

Demandada: Amor y Vázquez, S.L.U.

Sentenza 653/2014.

A Coruña, 16 de decembro de 2014.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Manuel Lavandeira Gómez contra a empresa Amor y Vázquez, S.L.U. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 6.956,88 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 41,41 euros/día.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra esta se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña».

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Amor y Vázquez, S.L.U., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán no taboleiro de anuncios do xulgado, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial