Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5925

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (861/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 861/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Rey Souto contra Instalaciones Eurogas, S.L., sobre ordinario, se ditou Sentenza número 434, cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2014

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 861/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Mónica Rey Souto, asistida polo letrado Ramón Fernández Neila, contra Instalaciones Eurogas, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Decisión

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Instalaciones Eurogas, S.L. a aboarlle a Mónica Rey Souto 466,16 euros e 54,28 euros en concepto de xuros. Condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Instalaciones Eurogas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial