Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5927

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 391/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 391/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Celia Boo Vázquez contra Limpiezas Celeste, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou Sentenza número 8, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 391/2011, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de María Celia Boo Vázquez, asistida e representada pola letrada Milagros Verde Crespo contra Limpiezas Celeste, S.L., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Decisión.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Celia Boo Vázquez e, en consecuencia, condeno a Limpiezas Celeste, S.L. a aboarlle á demandante 675,36 euros correspondentes ás diferenzas salariais e liquidación de vacacións devindicadas desde xaneiro a marzo de 2011, cantidade que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET, co límite previsto no artigo 59 da Lei concursal. Condeno a administración concursal a estar e pasar por esta resolución na súa condición de tal e ao Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso segundo, da LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación, sen prexuízo do establecido no artigo 191.3, letras d) e e), da LRXS.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Celeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial