Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5719

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (126/2013 F).

Procedimiento orixe 126/2013 F

Sobre: ordinario

Demandante: José Luis Barreiro Regueiro

Avogada: María Jesús Vázquez Bol

Demandados: Puertas Ramón Rama, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 126/2013 F deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Barreiro Regueiro contra a empresa Puertas Ramón Rama, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza: 609/2014.

Número de autos: 126/2013 F.

A Coruña, 18 de decembro de 2014.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ter visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante José Luis Barreiro Regueiro, que comparece asistido da letrada María Jesús Vázquez Bol, e doutra como demandada Puertas Ramón Rama, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen malia estar citada en legal forma.

Decisión.

Que, estimando a demanda interposta polo demandante José Luis Barreiro Regueiro, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Puertas Ramón Rama, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 6.785,54 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Puertas Ramón Rama, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2015

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial