Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5721

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (912/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 912/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Nogareda Catoira contra Pavimentos Compavi, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolución

1º. Estimo a demanda formulada por José Luis Nogareda Catoira fronte á empresa Pavimentos Compavi, S.L. e condeno a esta a aboar á parte demandante 7.452,68 euros que lle debe en concepto de principal, e 742,03 euros en concepto de xuros moratorios ata a presente sentenza.

2º. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo, e 6, inciso primeiro, da Lei da xurisdición social e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pavimentos Compavi, S.L., en ignorado paradoiro expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2015

O secretario xudicial