Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5723

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (301/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 301/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Brea Crego contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, José Luis Pereiras Iglesias e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo.

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Silvia Brea Crego contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e contra José Luis Pereiras Iglesias, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir a prestación de IT derivada de enfermidade común sobre unha base reguladora diaria de 44,49 euros e, en consecuencia, a percibir, polo proceso de IT que abrangue desde o 3.9.2010 ata o 12.12.2010, en concepto de diferenzas na prestación de IT, un importe bruto total de 245,49 euros e, polo proceso de IT que abrangue desde o 3.1.2011 ao 1.2.2011, en concepto de diferenzas na prestación de IT, un importe bruto total de 356,67 euros; máis, de ser o caso, o xuro do artigo 576 da LAC. Condeno as demandadas a se ater a esta declaración e debo condenar e condeno a José Luis Pereiras Iglesias a responder de forma directa da suma de 602,16 euros en concepto de diferenzas por razón de la infracotización, sen prexuízo da obriga de anticipo desa cantidade polo Instituto Nacional da Seguridade Social e das accións de reembolso que lle correspondan a este contra a empresa demandada por razón da infracotización; e debo absolver e absolvo a Tesouraría Xeral da Seguridade Social das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco (5) días contados desde o seguinte ao da súa notificación (artigo 191.3.c) da LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Luis Pereiras Iglesias, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial