Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5725

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (821/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 821/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosalba Contreras Canales contra Photon Mundial, S.L., e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento interposta por Rosalba Contreras Canales, representada polo letrado Sr. Castro Fernández, contra a entidade Photon Mundial, S.L., que non comparece neste acto, e contra Fogasa, sobre despedimento obxectivo individual e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 20,87 €/día), ou ben, á elección do empresario, a extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

Esta opción deberase exercer no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen o empresario optar, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 1.664,38 €.

3º. Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Photon Mundial, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial