Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5710

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (774/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 774/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Sánchez Sánchez, Marcos Crespo Gómez, Rubén Montes Bermúdez, Carlos Abellón Varela, Manuel Gómez López, José Ángel Pita Pérez, Gabriel Babío Pedreira, Pedro Pita Couce, Francisco Javier Iglesias Prado e Marcos Rodríguez Naveira contra a empresa Cabinas Bentancar, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolución

Que, estimando a demanda interposta polos demandantes, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Cabinas Betancas, S.L. a que aboe as seguintes cantidades:

Á Sra. Sánchez, 15.417,59 €

Ao Sr. Crespo, 11.477,10 €

Ao Sr. Montes, 10.232,84 €

Ao Sr. Abellón, 11.211,87 €

Ao Sr. Gómez, 15.916,80 €

Ao Sr. Pita Pérez, 15.412,26 €

Ao Sr. Babío, 15.337,20 €

Ao Sr. Pita Couce, 11.532,34 €

Ao Sr. Iglesias, 17.071,90 €

Ao Sr. Rodríguez, 11.032,44 €

Todas as cantidades incrementadas co xuro do 10 % por mora.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cabinas Bentancar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial