Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5709

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (173/2009).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no proceso seguido por instancia de Jaime Villares Carreira contra Envases La Estrella, S.L., INSS, TXSS e a Autoridade Portuaria da Coruña, en reclamación por seguridade social, rexistrado co nº 173/2009, se acordou notificar a Envases La Estrella, S.L. a parte dispositiva do auto ditado con data do 22 de decembro de 2014.

«Parte dispositiva:

Dispoño:

Considerar que Jaime Villares Carreira desiste da súa demanda fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Envases La Estrella, S.L. e Autoridade Portuaria da Coruña.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos e déixese certificación no procedemento correspondente.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da LXS)».

E para que sirva de citación a Envases La Estrella, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial