Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5712

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (365/2012-F).

Procedimiento ordinario 365/2012-F

Sobre: ordinario

Demandante: José Daniel Rodríguez Morlán

Demandados: Groinsa, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), administrador concursal de Groinsa, S.L.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 365/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Daniel Rodríguez Morlán contra a empresa Groinsa, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), administrador concursal de Groinsa, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decreto 21/2015

Secretaria xudicial: María Adelaida Egurbide Margañón

A Coruña, 20 de xaneiro de 2015

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 2.4.2012 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda de reclamación de cantidade presentada por José Daniel Rodríguez Morlan fronte a Groinsa, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), administrador concursal de Groinsa, S.L.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 21.1.2015, ás 10.20 horas.

Terceiro. A parte demandante presentou escrito en que manifesta que desiste da acción entaboada.

Fundamentos de dereito:

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o proceso e ao non solicitar o demandado a continuación do procedemento, procede ter o demandante por desistido da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por desistido a José Daniel Rodríguez Morlan da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Groinsa, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), administrador concursal de Groinsa, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentes non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de cinco días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número no Santander, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguida do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Groinsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2015

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial