Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4747

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1438/2013).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos de divorcio contencioso 1438/2013, nos cales se ditou a seguinte:

Sentenza 219.

Vigo, trinta e un de marzo de dous mil catorce.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1438/2013 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante Raquel Rodríguez Sendin, representada pola procuradora dos tribunais María Rosa Marquina Tesouro, e con asistencia letrada de Salustiano González-Lojo Sáez, contra Francisco Javier Graña Menduiña, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decisión:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Marquina Tesouro, en nome e representación de Raquel Rodríguez Sendin, contra Francisco Javier Graña Menduiña, declarado en situación de rebeldía, declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, cos efectos legais inherentes á dita declaración, realizando os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. Atribúese a garda e custodia do fillo menor á Sra. Rodríguez Sendin, sendo a patria potestade compartida por ambos os dous proxenitores.

Segundo. O Sr. Graña Menduiña poderá estar e gozar da compañía do seu fillo nos termos establecidos no fundamento de dereito cuarto da presente resolución.

Terceiro. Atribúeselle o uso da vivenda e enxoval familiar á Sra. Rodríguez Sendin.

Cuarto. O Sr. Graña Menduiña aboará en concepto de alimentos a favor do seu fillo a cantidade de 210 euros mensuais, que ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para o efecto designe a nai, e que será actualizada anualmente conforme a variación do índice de prezo de consumo que indique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Non se fai expresa imposición de custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao rexistro civil onde conste a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Da resolución antes indicada ditouse auto aclaratorio que na parte dispositiva di:

Complétase a sentenza de data 31 de marzo de 2014 no sentido de incluír na decisión desta os seguintes pronunciamentos:

O uso da vivenda unifamiliar sita na rúa O Grove nº 3-2 R de Vigo atribúese ao Sr. Graña Menduiña.

Para o cumprimento do sistema de comunicación da menor co seu proxenitor, a menor será recollida e entregada no domicilio materno.

Os gastos extraordinarios que xere a menor serán aboados por metade entre ambos os dous proxenitores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Este auto é firme e contra el non cabe recurso ningún, sen prexuízo do procedente contra a sentenza á que se refire este auto. O prazo para a interposición comezará a computar desde o día seguinte á notificación do presente auto.

Así, por este auto, do cal se expedirá testemuño para a súa constancia en autos, acórdao, mándao e asínao María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos de Vigo. Dou fe.

E encontrándose o dito demandado, Francisco Javier Graña Menduiña, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 13 de maio de 2014

A secretaria xudicial