Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4750

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (258/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 258/2014 por instancia de Hernan Ariel Romero Leiva contra a empresa Perfecto Manuel Moreira Lema sobre despedimento, nos cales foi ditada sentenza no día 18 de setembro de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estimar a demanda formulada por Hernan Ariel Romero Leiva contra a empresa Perfecto Manuel Moreira Lema e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado por Hernan Ariel Romero Leiva ao demandante.

– Condénase a Perfecto Manuel Moreira Lema a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 415,03 euros, cuxo aboamento determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 4.980,30 euros, aos cales engadiranse os que se perciban ata a súa notificación a razón de 21,56 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Perfecto Manuel Moreira Lema, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de setembro de 2014

O secretario xudicial