Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4745

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (181/2013).

Procedemento ordinario 181/2013

Sobre: outras materias

Demandante: Santander Central Hispano Banif. Inmobiliario Fondo de Inversión Inmobiliaria

Procurador: Ricardo García-Piccoli Atanes

Avogado: Francisco A. Rodríguez-Gigirey Pérez

Demandado: Joaquín Alfonso Franco Sánchez

José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, por medio do presente, anuncio neste procedemento, seguido por instancia de Santander Central Hispano Banif. Inmobiliario Fondo de Inversión Inmobiliaria, fronte a Joaquín Alfonso Franco Sánchez, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2013.

Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo ordinario 181/2013, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Santander Central Hispano Banif. Inmobiliario, Fondo de Inversión Inmobiliaria (F.I.), con procurador Sr. García-Pícolli Atanes, e letrado Sr. Rodríguez-Gigirey Pérez, e doutra, como demandado, Joaquín Alfonso Franco Suárez, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade, se dita esta sentenza sobre a base dos seguintes:

Decisión.

Que estimando como estimo a demanda interposta por Santander Central Hispano Banif. Inmobiliario, Fondo de Inversión Inmobiliario (F.I.), con procurador Sr. García-Pícolli Atanes, fronte a Joaquín Alfonso Franco Suárez, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno o demandado a pagar á demandante a cantidade de seis mil catrocentos corenta e nove con catorce euros (6.649,14 €), con expresa imposición á parte demandada das custas procesuais causadas no presente procedemento.

Únase a presente ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña.

O recurso presentarase por medio de escrito neste xulgado no prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte da notificación.

E encontrándose o dito demandado, Joaquín Alfonso Franco Sánchez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2014

O secretario xudicial