Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4579

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 749/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 749/2013 (-FF-)

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 358/2011 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra

Recorrente: Manuel Remiseiro Gamallo

Avogada: María José Moral Hernández

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Encofrados Gescon, S.L., Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. da Seguridad Social número 151

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…), Balbino Irisarri Castro

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 749/2013 desta sección, seguido por instancia de Manuel Remiseiro Gamallo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Encofrados Gescon, S.L., e Asepeyo Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Manuel Remiseiro Gamallo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra de data 22 de novembro de 2012, debemos confirmar integramente a resolución contra a cal se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Encofrados Gescon, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de novembro de 2014

A secretaria xudicial