Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4581

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3474/2014 IP).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3474/2014 IP

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 1162/2013. Xulgado do Social número 2 de Lugo

Recorrente: Carina Señarís Pombo

Avogado: Xosé Ramón Pérez Domínguez

Recorridos: Fogasa, Oxem Sports, S.L., Ministerio Fiscal

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3474/2014 desta sección, seguido por instancia de Carina Señarís Pombo contra o Fogasa, Oxem Sports, S.L., Ministerio Fiscal, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que estimando o recurso de suplicación interposto por Carina Señarís Pombo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo, en xuízo seguido contra a empresa Oxen Sports, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial e sendo parte o Ministerio Fiscal, revogamos en parte a sentenza de instancia para engadir que a demandante ten dereito a salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a da sentenza de instancia, a razón de 11,42 € diarios, condenamos a empresa ao seu aboamento e mantemos o resto de pronunciamentos da sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Oxem Sport, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de decembro de 2014

A secretaria xudicial