Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4583

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (191/2014).

Manuel Rubido de la Torre, secretario da Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra,

Certifico: que nos autos de execución hipotecaria número 77/2012, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, actualmente en apelación co número de peza 191/2014, en que é parte apelante a entidade NCG Banco, S.A., e como partes apeladas Sergio Blasi Santoro e Matilde Moledo Martínez, estes dous en situación de rebeldía procesual, se ditou o auto número 170/2014 nesta segunda instancia, que literalmente dei:

«Pontevedra, cinco de novembro de dous mil catorce.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de execución hipotecaria 77/2012, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, aos cales correspondeu a peza de recurso de apelación-E (LECN) 191/2014, nos cales aparece como parte apelante NCG Banco, S.A., representada polo procurador dos tribunais Pedro Sanjuán Fernández, asistida polo letrado José Manuel Jiménez López, e como parte apelada Sergio Blasi Santoro e Matilde Moledo Martínez, ambos os dous en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

(Seguen os antecedentes de feito e os fundamentos de dereito).

Parte dispositiva: estimar parcialmente o recurso de apelación interposto polo procurador Pedro Sanjuán Fernández, en nome de NCG Banco, S.A., e revogar en parte o auto impugnado, ditado en data 13 de xaneiro de 2014 polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, e confirmar a declaración de nulidade de ambas as dúas cláusulas controvertidas –3ª bis, e) (cláusula chan) e 6ª (xuros de demora do 18 %)–, e concretando os efectos da dita dobre nulidade, precisando que respecto á primeira cláusula chan non procederá a devolución das cantidades que por este concepto fosen pagadas, e en relación á cláusula de xuros moratorios o capital prestado devindicará o xuro legal do diñeiro, e requirirase a parte executante para que reliquide a débeda conforme o que se vén acordando no prazo sinalado no auto impugnado.

Non se efectúa pronunciamento en custas do incidente en ambas as dúas instancias.

Notifíqueselles esta resolución ás partes que compareceron na forma establecida no artigo 248.4 da LOPX.

Unha vez firme esta resolución, expídase testemuño desta e remítase xunto cos autos ao xulgado de procedencia, tomando as oportunas notas nos libros de rexistro desta sección.

Así, por esta a nosa resolución, da cal se unirá certificación á peza de sala, sendo relator o maxistrado deste tribunal Jaime Esain Manresa, acordámolo, mandámolo e asinámolo».

Encontrándose os apelados Sergio Blasi Santoro e Matilde Moledo Martínez en situación de rebeldía procesual, expídese o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co fin de que lles sirva de notificación en forma a ambos os dous apelados, tal e como recolle o artigo 497 da LAC.

Pontevedra, 3 de decembro de 2014

O secretario xudicial