Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4585

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (SSS 973/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento de seguridade social 973/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa María Peregrina Castro Cao, Alfonso Pérez Ponte, Servizo Galego de Saúde (Sergas), sobre seguridade social, se ditou en data 10 de decembro de 2014 resolución dirixida, entre outros, a Alfonso Pérez Ponte, contra a cal non cabe interpor ningún recurso. Os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Alfonso Pérez Ponte, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de decembro de 2014

A secretaria xudicial