Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4586

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1132/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditaron resolucións en data do 15 de outubro e 12 de novembro de 2014, dirixidas a Francisco Martínez Paz, contra as cales non se pode interpor recurso. Fáiselles saber igualmente que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Francisco Martínez Paz, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2015

María Blanco Aquino
Secretaria xudicial