Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4578

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2015 pola que se fai pública a adxudicación para a provisión, polo sistema de libre designación, de distintas prazas desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo convocado pola Resolución do 13 de novembro de 2014, da Universidade da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de prazas mediante o sistema de libre designación.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012, resolve facer pública a adxudicación dos referidos postos do xeito que se indica:

Nº de posto

Denominación

Centro

Apelidos e nome

Nº de rexistro persoal

152

Secretario/a

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

Pérez Brun, María Dolores

3329869868 A7495

356

Secretario/a

Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura

Sánchez Parada, María Carmen

3531441902 A7495

386

Secretario/a

Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación

Rodríguez Penas, Patricia

4691098302 A7495

As persoas interesadas deberán tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo).

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución, de acordo co previsto na Lei reguladora da dita xurisdición.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2015

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña