Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4370

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (ordinario 226/2013).

Inmaculada Pulido Domínguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 3 de Ribeira e o seu partido, dou fe e certifico que, nos autos de proceso ordinario seguido ante este xulgado e secretaría ao meu cargo, foi pronunciada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ribeira, 29 de xaneiro de 2014.

María Cristina Fernández Fenández, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira e o seu partido, tendo visto os presentes autos de xuízo ordinario nº 226/2013 seguidos perante este xulgado entre partes, dunha como demandante, Adolfo Blanco Alcalde, sucedido procesualmente por Sara Jesusa Garrido Castro, Mª Lourdes e José Antonio Ovelleiro Garrido, representados pola procuradora Sra. Ramos Picallo e asistidos polo letrado Sr. Parada Caramés, e doutra, como demandada, a comunidade hereditaria de Jesús Patiño Villar, en situación de rebeldía procesual; versa o citado sobre acción declarativa de dominio.

Resolvo:

Debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda formulada pola procuradora Sra. Ramos Picallo, quen actúa en nome e representación de Sara Jesusa Garrido Castro, Mª Lourdes e José Antonio Ovelleiro Garrido, como sucesores procesuais do inicial demandante, Adolfo Blanco Alcalde, contra a comunidade hereditaria de Jesús Patiño Villar, e debo declarar que o demandante, Adolfo Blanco Alcalde, adquiriu por prescrición adquisitiva o predio descrito no fundamento primeiro da presente resolución, ao cal nos remitimos, e consecuentemente, debe considerarse dono do pleno dominio do referido predio, ben como procederse á inscrición da titularidade do predio no rexistro que corresponda a nome de Adolfo.

Non se fará pronunciamento canto ás custas do procedemento e cada parte aboará as causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que admite recurso de apelación en ambos os efectos, que deberá interporse no prazo dos vinte días seguintes á notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos orixinais, xulgando definitivamente en primeira instancia, no lugar e data sinalados no encabezamento».

E para que conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á demandada en ignorado paradoiro, comunidade hereditaria de Jesús Patiño Villar, expido este edicto.

Ribeira, 24 de outubro de 2014

A secretaria xudicial