Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4367

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (347/2009).

Luis Diego Espino Hernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, fago saber que no procedemento ordinario número 347/09-T se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

Sentenza. Vigo, dezasete de xullo de dous mil catorce.

Ana Araceli Muñoz Martín, maxistrada xuíza de Primeira Instancia número 10 de Vigo e o seu partido, tras ver os presentes autos de procedemento ordinario 347/2009-T, seguidos ante este xulgado entre partes, dunha como demandante Ángel Luis de Donesteve y Garra, que actúa en nome propio e en beneficio da comunidade hereditaria de María Esther Garra Domínguez, representada pola procuradora María José Lorenzo Zarandona e asistido da letrada María Luisa Barreiro Teijeiro, e doutra como demandados Aurora Valeiras López, Alfonso Paz Andrade Rodríguez, Joaquín Sueiro Martínez, Francisco Yáñez Ulloa, Esther Álvarez Arguelles, José Portela Álvarez, María del Pilar Alonso Fernández, Genaro Fernández Saez, María Begoña Molinero García, Gonzalo María Alonso Martínez, Mercedes Felisa Ferreiro Rosendo, Manuela Isla Couto, Carmen Villaverde Porto, Patricia González Babe Villaverde, Julio González Babe Villaverde, Margarita Vorkauf Pardo, Jorge Estévez Vorkauf, Mercedes Rivas Prieto, María Fernanda Portanet Rodríguez, Julia Justel Parada, Karl Vorkauz Raul, Lorenzo Mateos Vallinoto, María Soledad Bries Hernández, Sara Janeiro Pérez, María Luisa Molonero García, Ana María Crespan Goicoechea, Cristina Novoa Pereira, María Teresa Velázquez Gaztelu Barcena, Manuel Janeiro Pérez, Ubaldina Rodríguez de Janeiro, José Janeiro Gulías, María Barros Janeiro, María Esther Rosa Alonso Martínez, María Paloma Carolina Alonso Martínez, Antonio Escudero Torres, María Pilar Fernández Bueno, Eugenia Isabel Lamas Carril, Luisa Domínguez Fariñas, Jaime Isla Couto, Antonio Durán Rodríguez, Carmen Martínez Domínguez, María del Carmen Saez Martínez, Francisca Saez Martínez, Salvador José Saez Martínez, María Dolores Suárez Vila, José Ramón Cancela Serrats, Fernando Jesús Alonso Martínez, Tomás Pérez Llorente Quiros, Antonio Jesús Fernández Mermerias, Julia María Ortiz de la Vega, Juan Luis María Alonso Martínez, Celia María Pilar Alonso Martínez, Axa Seguros e Inversiones, S.A., Francisco Javier Molinero García, Dolores Castro Nieto, José Otero Rodríguez, Juan Manuel López Chaves Meléndez, César González Fernández, Carolina Estévez Vorkauf, José Carlos Alonso Martínez, representados polos procuradores José Ramón Curbera Fernández, José Vicente Gil Tranchez, Andrés Gallego Martín-Esperanza, Luis Pedro Lanero Táboas, Ana María Pazo Irazu, María Rosa Marquina Tesouro, Manuel Juan Lamoso Rey, Alberto Vidal Ruibal, Ricardo Estévez Cernadas, Jesús Antonio González-Puelles Casal, María Jesús Nogueira Fos, asistidos dos seus letrados Andrés Fernández Vázquez, Alberto Martín Menor, Pablo Viana Tomé, Adolfo Quirós Echegaray, María del Carmen Cornejo-Molins González, Ricardo Santoro Vidal, Beatriz López-Chaves Castro e Fernando Crespan Conde, ditou a seguinte e decisión. Estimando integramente a demanda, debo declarar e declaro o pleno dominio de Ángel Luis de Donesteve y Garra e os demais coherdeiros Aurea Garra Domínguez e Luis Garra Domínguez e María Teresa Burri Garra en cotas indivisas sobre o predio situado no ático (10º) C da casa número once da rúa Lage de Vigo, chamado Edificio Continental, que mide uns cincuenta e un metros, corenta centímetros cadrados. Limita; norte, patio de luces e vestíbulo de escaleira; sur, rúa Baixada á Fonte; leste, rúa Travesía de Cónsul e vivenda D situada en igual planta, e oeste, vivenda B en igual planta e patio de luces. É anexa ao seu dominio a terraza que ten na súa fronte leste e sur, na cal viviu desde o ano 1971 Esther Garra Domínguez ata que faleceu, en virtude de usucapión extraordinaria cuxa posesión como donos exercen estes.

A nulidade da inscrición e anotacións da referida vivenda, que figura no Rexistro da Propiedade número 5 de Vigo, carpeta 11, folios 173 e 174, tomo 372, folios 59 e 60 e tomo 703, folios 144 e 145, terreo 27665 a nome dos demandados ou os seus causantes que se concretan e na proporción que se indica, e acórdase a cancelación correspondente.

Acórdase a inscrición do inmoble a nome de Ángel Luis de Donesteve y Garra, Aurea Garra Domínguez, Luis Garra Domínguez e María Teresa Burri Garra.

Non se fai declaración de condena en custas.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Expídese a presente co fin de que sirva de notificación a Joaquín Sueiro Martínez, Julia Justel Parada, Manuel Janeiro Pérez, Ubaldina Rodríguez de Janeiro, José Janeiro Gulías, María Barros Janeiro, Salvador José Saez Martínez, María Dolores Suárez Vila, José Otero Rodríguez, Manuela Isla Couto, Antonio Durán Rodríguez e Mercedes Felisa Ferreiro Rosendo ou, de ser o caso, aos herdeiros destes, así como os herdeiros de José Portela Álvarez, Carmen Villaverde Porto, Esther Álvarez Arguelles, Jaime Isla Couto e Cristina Novoa Pereira, actualmente en paradoiro descoñecido.

Vigo, 10 de novembro de 2014

O secretario xudicial