Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4372

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (909/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 909/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raul Rodríguez Castro contra a empresa Reboredo Brea Gerardo sobre reclamación de cantidade, se ditou a sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por Raúl Rodríguez Castro, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra Gerardo Reboredo Brea, que non compareceu a pesar de constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar ao demandante a cantidade de 16.323,50 euros, máis os xuros moratorios especificados no fundamento de dereito quinto.

A cantidade a cuxo pagamento foi condenada a empresa demandada será asumida polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representada pola letrada Sra. Torrado de Burgos, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, no seu caso, a afecten, que a eximen do aboamento do importe reclamado en concepto de complemento de incapacidade temporal.

Impoño á empresa demandada as custas procesuais causadas (incluídos os honorarios do letrado da parte demandante ata o límite de 600 euros).

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en forma á empresa Reboredo Brea Gerardo, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 23 de decembro de 2014

O secretario xudicial