Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2015 Páx. 3804

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1899/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1899/2013 desta sección, seguido por instancia de Juan José Rodríguez Abuín contra Jogasa, Feliciano Lorente, Auxiliar de Talleres Industriales Navales, Reparaciones Navales, Auxiliar de Construcciones de Buques, Innaval SID, Montajes y Reparaciones Palmar SID, Izar Construcciones Navales en liquidación, S.A. e Navantia, S.A. sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Resolvemos.

Que estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto pola letrada María Veiga Ramos, en nome e representación de Juan José Rodríguez Abuín, e estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto polo letrado Jorge Manuel Vázquez Miranda, na representación que ten acreditada de Izar Construcciones Navales, S.A., en liquidación, contra a Sentenza do 11 de xaneiro de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, en autos seguidos por instancia de Juan José Rodríguez Abuín contra as empresas Izar Construcciones Navales, S.A. en liquidación, Navantia, S.A., Feliciano Lorente, Auxiliar de Talleres Industriales Navales, Reparaciones Navales, Auxiliar de Construcciones de Buques, Innaval SID, Montajes y Reparaciones Palmar SID e o Fondo de Garantía Salarial, sobre indemnización de danos e perdas derivados de enfermidade profesional, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada, no sentido de reducir a cantidade obxecto de condena á de dous mil novecentos sesenta e nove euros con trinta céntimos (2.969,30 euros), e condenamos ao pagamento desta, de forma solidaria, as empresas Izar Construcciones Navales S.A. en liquidación e Navantia, S.A., mantendo o resto dos pronunciamentos absolutorios da sentenza, sen facer imposición de custas.

Procede acordar a devolución do depósito constituído para recorrer por Izar Construcciones Navales, S.A., en liquidación, e a cancelación parcial dos aseguramentos prestados por ela, na diferenza entre a cantidade sinalada no aval bancario presentado e a que é obxecto de condena nesta sentenza, unha vez que sexa firme esta sentenza.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co n.º 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma ás empresas Feliciano Lorente, Auxiliar de Talleres Industriales Navales, Auxiliar de Construcciones de Buques, Innaval SID, Reparaciones Navales e Montajes e Reparaciones Palmar SID, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de decembro de 2014

A secretaria xudicial