Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2015 Páx. 3806

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2556/2014).

Xulgado de orixe/autos: despido/ceses en xeral 994/2013 Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: Gabriel Borrazás Pan

Avogado: Fernando José Méndez Sanjurjo

Recorrido/s:

Avogado: Darío Antonio Díaz Pineda

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 2556/2014 desta Sección, seguido por instancia de Gabriel Borrazás Pan sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 23 de decembro de 2014.

Únese o anterior escrito, subscrito polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, en representación de Gabriel Borrazás Pan, ao recurso correspondente, xunto coas súas copias.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta Sala. Emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias dese escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada Sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Considéranse feitas as manifestacións recollidas nos outrosís digo do escrito e respecto ao segundo, expídase testemuño da sentenza ditada no recurso de suplicación 1171/2010, con expresión da súa firmeza, que se unirá á peza separada do recurso de casación para unificación de doutrina.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 4 da Coruña que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta Sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

E para que produza os seus efectos legais e sirva de notificación e emprazamento á empresa FC Alimentación, S.A. con último domicilio coñecido na avda. de Almeiras, 49, Culleredo (A Coruña), advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de decembro de 2014

A secretaria xudicial