Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2015 Páx. 3808

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (919/2013).

María Dolores Prieto Rasacado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Comunidad de Propietarios Calle Loios, s/n, fronte a Promociones Cortiña do Crego, S.L. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

En Ourense, 2 de xuño de 2014, visto por Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou a presente no xuízo ordinario 919/2013 en que é parte demandante Comunidad de Propietarios Calle Loios, s/n, representada polo procurador Sr. Marquina e con asistencia do letrado Sr. Fernández, e como parte demandada consta Promociones Cortiña do Rego, S.L., declarada en rebeldía procesual, cos seguintes,

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decido que, estimando a demanda presentada polo procurador Sr. Marquina, en nome e representación de Comunidad de Propietarios Calle Loios, s/n, fronte a Promociones Cortiña do Rego, S.L., e na devandita razón declárase:

1. Que no edificio situado na rúa Loios, s/n, de Miño (A Coruña) que rematou en data 4.2.2009 existen vicios de construción e deficiencias construtivas que son imputables á demandada Promociones Cortiña do Rego, S.L.

2. Que ante a existencia de tales vicios e deficiencias construtivas, a demandada incumpriu parcialmente os contratos de vendas dos terreos integrantes do inmoble, outorgados aos respectivos compradores que forman parte da comunidade de propietarios do devandito inmoble.

3. Que a mesma demandada debe facerse cargo de todas as reparacións necesarias para corrixir os defectos existentes no edificio indicado e os danos e perdas derivados destes.

E, na súa virtude, condénase a demandada Promociones Cortiña do Rego, S.L.:

1. A estar e pasar polas anteriores declaracións, e

2. A aboar á comunidade de propietarios demandante a cantidade de 22.053,34 euros, á que será de aplicación o IVE na data de sentenza, en concepto de importe a que ascenden as reparacións necesarias para corrixir os defectos construtivos existentes no edificio sen número da rúa Loios da localidade de Miño (A Coruña) e os danos e perdas derivados destes, cantidade que será igualmente incrementada ao aplicarlle os xuros legais desde a interpretación xudicial ou, se é o caso, a facerse cargo a mesma demandada e realizar á súa custa, todas as reparacións necesarias para corrixir os defectos construtivos existentes no edificio.

En canto a custas obsérvese o acordado no punto correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer o recurso de apelación nos termos previstos na LAC, na súa nova redacción.

Así o acordo, mando e asino.

E encontrándose o devandito demandado, Promociones Cortiña do Crego, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 4 de xuño de 2014

A secretaria xudicial